GRAZAS: ‘O canteiro de Sebil’ xa é voso

É difícil non comezar dicindo grazas. O Auditorio Patelas, de Cuntis, estaba onte ateigado para asistir á estrea do noso último traballo, ‘O canteiro de Sebil‘, a homenaxe á figura de Xoán Xesús González. Tivemos a honra de contar con parte da familia de Xoán Xesús González, entre elas Pepa e Carmen, que interveñen no propio documental. Elas protagonizaron un dos momentos máis emotivos da noite, ao recibiren a xeito de agarimo uns pasteis da propia confeitaría da que llos traían Xoán Xesús González e Lola Mora. Entregáronllos Marcos Pena e Saleta Fernández, intérpretes protagonistas de ‘O canteiro de Sebil‘.

Era un momento no que as emocións estaban a flor de pel. Viñamos de proxectar por primeira vez o noso humilde traballo ante un auditorio cheo que non escatimaba en mostras de agarimo. Estamos aínda desbordados/as polo apoio e os comentarios recibidos. Para todas/as as/os que nos acompañastes é o noso segundo agradecemento, e non por iso menos importante.

O acto comezou coas intervencións de Tania Fernández e César Caramés, que se encargaron de fixar os marcos do que estaba a piques de comezar. Ela describiu o proxecto Quinteiro facendo un breve percorrido por estes cinco anos de andaina e enfatizou no agradecemento a todos/as cantas/os o fixestes posible, compartindo con nós momentos e horas de gravación; el trazou a figura de Xoán Xesús González, como introdución e trasladando a vixencia da súa dignidade ata os nosos días. Entre unha e outro, As Tanxugueiras agasalláronnos cunha fermosísima versión da canción ‘O Paseo‘, que ilustra musicalmente o documental e así o fixo tamén na noite de onte.

O Canteiro de Sebil non fixo máis que comezar o seu percorrido, e axiña poderemos confirmar máis datas e novas proxeccións. Continuamos a tarefa de homenaxear e pór en valor a figura de Xoán Xesús González a partires dos traballos de investigación que xa outros/as iniciaran, conxugándoos e ampliándoos. A memoria é cousa de todas/os. ‘O canteiro de Sebil’ xa é voso.

Seguramente esta escolma de imaxes axude a complementar o que as palabras non enchen.

GRAZAS.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

1 Comment

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s