Quinteiro: Especie de praza ou terreo común que serve nunha aldea de lugar de reunión.
Quinteiro é un proxecto comunicativo comarcal que busca contar o relato dos veciños e veciñas do Umia, darlle forma á realidade e contala sen envoltorios que a deturpen. É unha canle ao servizo das maiorías, pero pendente das minorías e pola que proxectar crónicas sen ataduras. Unha construción voluntaria, autoxestionada, sen fins comerciais nin lucrativos.
1 Comment