O Canteiro de Sebil, libre e en aberto

Despois de once meses de percorrido polo País, ‘O canteiro de Sebil’ acougará no espazo para o que foi pensado: a libre difusión –con subtítulos e sen subtítulos– da figura de Xoán Xesús González. Foi o 12 de outubro de 2017, en Cuntis, cando culminaba o traballo de creación e comezaba o de presentación do que é o noso proxecto máis ambicioso.

Hoxe, 12 de setembro, conmémorase a data na que o fascismo español, levantado en armas, asasinaba a Xoán Xesús González, canda a outros compañeiros, nas tapias do cemiterio de Boisaca. 82 anos despois, a súa memoria consérvase máis viva que nunca. Se inesquecible foi a presentación de ‘O canteiro de Sebil’ en

Cuntis, non menos emotivo foi o percorrido que fixemos por todos os lugares do País que nos acolleron para facer a humilde presentación do noso traballo. Esa andaina culmina hoxe, coa publicación na rede do documental completo para a súa libre visualización e difusión.

Cuntis, CPI Don Aurelio (de Cuntis), A Estrada (A. C. Vagalumes), Compostela (Teatro Principal), Ferrol (Fundación Artabria), Lugo (A. C. Cultura do País), Pontedeume (Colectivo Terra), Ourense (Ourense en Común e Cineclube Padre Feijóo), A Coruña (Portas Ártabras), Vigo (LS Faísca), Pontevedra (O Quilombo – Teatro Principal), Vilagarcía (O Faiado da Memoria – Pes de Barro) e Cerdedo (Colectivo Portalén). Os nosos máis sinceros agradecementos a todas e cada unha das persoas que fixestes posible esta viaxe, impensable cando as cámaras comezaron a gravar. Inesquecible e, achamos, de xustiza. Todos estes colectivos, e máis, levan traballado na memoria e sostendo viva a esperanza de facerlles xustiza a quen deu ata a vida na defensa da democracia e das liberdades. A todos, o noso máis sincero agradecemento e o noso recoñecemento polo traballo que seguen a facer.

Corren tempos de lembralos, de non sometelos por máis tempo aos arrepíos do esquecemento. Corren tempos de xustiza e determinación fronte a quen teima en manter vivo o espírito dos asasinos e a humillación das vítimas.

Dende hoxe O Canteiro de Sebil estará a disposición, libre e permanente, de quen queira visualizalo, criticalo ou disfrutalo. Naceu para difundir a figura dun home honesto, humilde, un veciño dunha aldea galega perseguido e asasinado por combater con dignidade a barbarie do fascismo español. Estará tamén dispoñible en inglés, para que a súa difusión trascenda as nosas fronteiras a cabalo da lingua máis internacional e falada do mundo.

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s