‘O canteiro de Sebil’ estrearase o 12 de outubro en Cuntis

A homenaxe audiovisual a Xohán Xesús González na que o Quinteiro do Umia vén traballando nos últimos meses ten xa data e lugar para a súa estrea. Será en Cuntis, no Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas ás oito da tarde. Vimos de publicar tamén o tráiler do documental, que pode verse tanto no noso Facebook (facebook.com/QuinteiroUmia) como na nosa canle de Youtube.

Copagamento en Saiar

En 2011, o goberno da Xunta aprobou o copagamento para o centro público de educación especial de Saiar, en Caldas … Máis

Coidamos dos nosos!

O Atlético de Cuntis prepárase xa para facer fronte a unha nova e ilusionante tempada sendo un ano máis referencia … Máis