‘O canteiro de Sebil’ estrearase o 12 de outubro en Cuntis

A homenaxe audiovisual a Xohán Xesús González na que o Quinteiro do Umia vén traballando nos últimos meses ten xa data e lugar para a súa estrea. Será en Cuntis, no Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas ás oito da tarde. Vimos de publicar tamén o tráiler do documental, que pode verse tanto no noso Facebook  (facebook.com/QuinteiroUmia) como na nosa canle de Youtube.

Xohán Xesús González naceu en Sebil (Cequeril – Cuntis) en 1895 e traballou de canteiro. Trasladouse a Compostela onde estudou dereito e gañou un nome no mundo do activismo político, sendo impulsor e fundador de numerosas iniciativas en practicamente todos os eidos: dende a docencia ao xornalismo pasando polos ámbitos culturais e mesmo sindicais. Tralo Golpe de Estado de 1936 púxose á fronte dun grupo de cincuenta obreiros de Teo, coñecido como O Terzo de Calo, que se dirixiron cara a Compostela para defender a legalidade republicana. Naquel fatídico verán o cuntiense foi apreixado e permaneceu na prisión ata que o 12 de setembro foi fusilado en Boisaca.

O canteiro de Sebil‘ conta coa participación de caras ben recoñecidas do teatro, a música, a política e a sociedade galegas. Ademais, e como un dos seus principais valores, conta co
testemuño de veciñas e familiares do propio Xohán Xesús González. O recoñecemento desta figura convérteo nunha das referencias tanto da comarca como de todo o País no que atinxe á Memoria Histórica.

A presentación do documental de Xohán Xesús González continuará despois da súa primeira parada. Séguense pechando datas pero están xa confirmadas as das principais cidades: Compostela, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Advertisements

1 Comment

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s