Lume de billarda!!

Recibir o outono a paus leva xa camiño de ser un clásico en Cuntis. Son paus de festividade, confraternidade e reivindicación. Os paus da billarda, ou da estornela, ou da pincha… Diferentes nomes para un mesmo xogo que vai máis alá do lúdico. A billarda combate os tempos e puxa polo seu sitio na modernidade. En Cuntis é a Asociación O Fervedoiro a que un ano máis a pon de moda, desta volta coa colaboración da Asociación Río Gallo e tamén coa nosa modesta axuda. Será o III Aberto de Billarda, e será o próximo día 5 de outubro, na área dos Albariños, na aldea de Guimarei (coma de costume), con obradoiro de billarda (para modelar cada un a súa propia arma de xogo), xantar popular, foliada e coa actuación dun dos grandes cantautores do País nos nosos días, Xosé Constenla.

Non dubidedes, achegádevos o día 5 e facede parte desta nutritiva costume que é sermos nós, xogar ao noso, “billardear”, alimentarse, cantar e bailar.

Velaquí o anuncio da xornada, onde tampouco reparamos en gastos no que a talento interpretativo se refire.

Billarda alegre e combativa!

 

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s