O Concello de Cuntis vén de rematar un novo paseo fluvial pola beira do Gallo, que continúa en dirección norte o xa existente polo centro da vila. Durante a celebración do pleno do pasado venres (27 de setembro), os grupos políticos da oposición e algúns veciños asistentes puxeron de manifesto o que parece unha irregularidade maiúscula (e que o Grupo de Goberno non desmentiu no Pleno). O caso é que os afectados denunciaron que a administración local invadiu sen o seu consentimento as súas propiedades particulares. Acreditar a titularidade dos espazos nos que se executan as obras é un requisito imprescindible, e semella que de momento isto non está claro. Segundo publicou nos últimos días a prensa local, 27 son os veciños afectados. [vídeo e fotos no interior]
Velaquí as imaxes do novo paseo, que evidencian que a ocupación de propiedades foi, nalgúns casos, algo brusca. En todo caso, nos próximos días irase coñecendo como avanza este asunto.