De Cuntis a Lesbos. Conversa con Pablo Camino

Pablo Camino é un veciño de Cuntis que leva no seu ADN a palabra SOLIDARIEDADE. A súa decisión de acudir. alá polo mes de marzo, como voluntario á Illa de Lesbos (Grecia) foi masivamente aplaudida e visibilizou a admiración por este feito. Agradecemos o seu trato e a súa atención para contarnos unha historia da que cómpre advertir: a realidade que nos describe Pablo contén altas concentracións de extrema sensibilidade. O drama dos refuxiados representa unha situación inaudita dende a II Guerra Mundial, a condición humana queda superada polos intereses políticos e económicos dunha UE indiferente que culminou o seu papel co vergoñento acordo de deportación con Turquía.