Xosé Collazo, da Liga Nacional de Billarda, participou no VI Aberto de Billarda que o pasado día 24 de setembro organizou O Fervedoiro en Cuntis. É unha das voces máis autorizadas para ofrecernos unha completa radiografía dun dos xogos populares que pelexa con máis forza na súa recuperación. Conversamos con el para que nos fale da historia recente e da vitalidade coa que volve agromar a billarda.
O agromar da billarda. Conversa con Xosé Collazo.
