De Cuntis a Lesbos. Conversa con Pablo Camino

Pablo Camino é un veciño de Cuntis que leva no seu ADN a palabra SOLIDARIEDADE. Profesional do salvamento marítimo, a vocación por axudar aos demais en situacións de perigo é para el o máis natural. A súa decisión de acudir. alá polo mes de marzo, como voluntario á Illa de Lesbos (Grecia) foi masivamente aplaudida e visibilizou a admiración por este feito. Foi cualificado como ‘un exemplo’ en múltiples ocasións e a humanidade do seu xesto provocou un cegador contraste coa miseria ética e moral da Unión Europea. Ao seu regreso da zona de conflito tivo a ben atendernos coa amabilidade que o caracteriza e falarnos da súa experiencia, da cruenta realidade que temos máis preto do que imaxinamos e das cotas de infamia que pode acadar o ser humano. Neste panorama, Pablo e todos/as os/as voluntarios/as rebélanse como verdadeiros heroes que encarnan as virtudes máis humanas dunha especie, a nosa, cada vez máis alienada.

Agradecemos o seu trato e a súa atención para contarnos unha historia da que cómpre advertir: a realidade que nos describe Pablo contén altas concentracións de extrema sensibilidade. O drama dos refuxiados representa unha situación inaudita dende a II Guerra Mundial, a condición humana queda superada polos intereses políticos e económicos dunha UE indiferente que culminou o seu papel co vergoñento acordo de deportación con Turquía. Máis alá da presenza mediática que a ditadura da actualidade lle proporciona, a crise humanitaria que se vive ás portas de Europa causa vergoña e indignación en toda a poboación europea decente.

Advertisements

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s