Estrea do booktrailer de ‘Verbo na arria’, homenaxe a Xohán Xesús González

Cuntis rendeu onte unha merecida homenaxe a unha das súas figuras máis senlleiras, Xohán Xesús González, mártir do 36 e referente indispensable se falamos de memoria. Foi nun acto organizado pola Asociación O Fervedoiro no que se presentou o libro de poemas Verbo na arria, coordinado por este colectivo, e o booktrailer ao que lle demos forma dende Quinteiro. É o froito do noso traballo dos últimos meses e serve de complemento para a difusión da magnífica obra na que participan máis de medio cento de persoas cos seus poemas.

Foi un acto emotivo que rematou coa proxección da nosa achega audiovisual, un traballo no que participaron desinteresadamente ducias de veciñas e veciños da comarca, gravado en distintas localizacións da mesma e tamén en Compostela, cidade inescusable na biografía do canteiro de Sebil. Supón para nós un salto de calidade: planos en movemento, planos aéreos, efectos de posprodución… As espectaculares imaxes do Cádavo dende un drone, a recreación dun xuízo de 1936 ou os interiores nunha taberna compoñen en pouco máis de tres minutos unha visión global do que foi a vida do cuntiense Xohán Xesús González. É de xustiza agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron posible que este traballo puidese ver a luz, dende aquelas que acudiron á chamada para figurar nos planos con máis extras ata o soporte técnico de Ene-A Fotógrafos, UAV Galicia e Fabaloba. Agradecementos por suposto tamén ao Fervedoiro, por querer contar coa nosa achega para a difusión desta magnífica iniciativa.

Nas próximas semanas comezaremos o traballo para a elaboración dun documental no que buscaremos afondar máis na biografía do que foi un dos homes máis relevantes daqueles escuros tempos no noso País.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s