V Aberto de Billarda de Cuntis

Setembro en Cuntis é mes de billarda. Chega a V edición do aberto que a Asociación O Fervedoiro organiza na área dos Albariños, en Guimarei, e no que dende o Quinteiro achegamos a nosa modesta axuda. Dende todas as aldeas da contorna chegan os xogadores para dárlle á estornela (pincha, billarda…).

Aquí podedes ver os unha persoa que cambiou o golf e o ferro 3 pola pincha e a billarda  que adestra para entrar no palmarés de ouro deste evento de referencia. Nada máis que engadir, dádelle ao play e ide preparando os apeiros para botar pé ao camino!

Festividade, confraternidade e reivindicación non faltarán a carón do Gallo para recibir unha nova xornada que contará coa seguinte axenda:

  • Ás 11 da mañá terá lugar a Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada por Adega, saída dende o campamento base dos Albariños río abaixo para retirar todo o lixo que atopemos colaborando coa finalidade desta actividade: concienciación da sociedade e conservación da saúde dos nosos ríos.
  • A partir das 14.30 tempo para sentar ao redor da mesa e xuntar forzas para a desputa do V Aberto de Billarda que será o protagonista a partir das 16.30 previo quecemento sobre o terreo de xogo. (para facer a reserva do xantar contacta con nós: ofervedoiro@hotmail.com)
  • Para poñer o peche a xornada, logo da protocolaria entrega de premios e recoñecementos ao mellor palanador ou palanadora da tarde, todas aquelas persoas que desexen achegarse co seu instrumento a sumarse a foliada billardeira están convidadas. Uníndose así a tribo estornela nesta mestizaxe de billarda e festa rachada, que non se entenderían xamais a unha sen a outra.

Non dubidedes, achegádevos o sábado 26 e facede parte desta nutritiva costume que é sermos nós, xogar ao noso, “billardear”, alimentarse, cantar e bailar.

Billarda sempre alegre e combativa!

Advertisements

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s