Seguimos coa serie #contosdoquinteiro. Tócalle a vez ás Pozas da Tafona, en Caldas. Este é un dos grandes proxectos que o Concello de Caldas tratou de impulsar nesta lexislatura. Envoltas na polémica durante todo o proceso de tramitación, terán un custe de 750.000 euros e crearán 5 postos de traballo. Precisarán máis de 35.000 visitantes anuais para seren viables e o Concello prevé a súa privatización, malia que se fará cargo do posible déficit.
Contextualizamos e presentamos as Pozas (termais?) da Tafona. Velaquí!