Rotonda da Chociña, cuestión de prioridades

No segundo dos nosos #contosdoquinteiro dámoslle voltas á rotonda da Chociña, en Moraña. É preciso un contexto adecuado para entender esta obra que acolle, agora tamén, varias figuras de granito en representación da festa do Carneiro ao Espeto. Cremos que é oportuno botar luz sobre un gasto que espertou moitas críticas entre os veciños e veciñas de Moraña, sendo precisamente as carencias en iluminación unha das principais queixas que se teñen escoitado. Non perdas o noso novo traballo nin te marees… coas cifras!

Canto custou a rotonda? Era imprescindible? Que outras necesidades se poderían ter cuberto con ese diñeiro (público)? Ten Moraña uns indicadores como para poder permitirse esa luxosa rotonda? Velaquí a nosa nova peza:

3 Comments

  1. ¿Carga, Apunta e dispara? Este tipo de cousas tiñan que ser tipificadas como delito, unha cousa e a liberdade de expresión, e outra incitar o terrorismo, espero que sí se poida denunciar e te teñas que acoller as consecuencias.

    Gústame

    1. a estrofa da canción é unha metáfora que para nada alude ao sentido literal desas tres palabras. É recomendable non sacar as cousas de contexto e saber entender que na música son habituais este tipo de usos lingüísticos. É bo escoitar a canción enteira antes de asustarse. En todo caso, o que si debera ser tipificado como delito é o que se amosa no video: o despilfarro impune de cartos públicos para enriquecemento duns mentras os máis pagan as consecuencias das súas corrupcións. Isto si que se pode denunciar e é o verdadeiro problema. Non sei a quen benefecia distraer a atención fixándose nunha estrofa da canción que ilustra o video e desenfocando a presentación de datos que se fai, pero alá cada un cos seus traumas.

      Gústame

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s