A-pagar a luz

Pouca xente sabe que a o comarca do Umia foi das primeiras do País en ter iluminación pública. Xa en 1899, a central de Segade, en Caldas, fornecía a enerxía do alumeado deste Concello, pero tamén para o de Padrón, Vilagarcía, Valga e Cambados. En 1915 Cuntis non quedaba atrás, a central do río Mesego alimentaba a rede municipal de luz e as necesidades do balneario da vila.

O sector enerxético e os seus desequilibrios son fonte de queixa histórica. As continuas subas do prezo da luz fronte ao incalculable potencial produtor do noso País é unha das principais situacións de afogamento económico que podemos constatar hoxe en día. Afondamos na análise do sector, nas súas contradicións e tamén en alternativas posibles e reais hoxe e aquí.

Adrián Dios é economista, intenso coñecedor do sector enerxético e pedagóxico especialista nun mundo no que, como el explica, os beneficios caen do ceo. Ángel Montero é un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega, mirándose ao espello do que é plenamente habitual no resto de Europa. Contrastamos a teoría e a práctica para evidencia que é posible entender para mudar.

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s