Plan Umia

Na primavera do 2011, fronte á contaminación da auga do encoro da Baxe, o Conselleiro de Medio Ambiente presentaba o chamado ‘Plan Umia’. Agustín Hernández prometía un gasto de 22 millóns de euros en catro anos. Agora, cando xa falta menos dun ano para que remate o período comprometido, analizamos a promesa e o estado actual.

Falamos con Antonio Pena, alcalde de Cuntis do Partido Popular; Eva Villaverde, concelleira do BNG de Moraña; Fernando Pérez, de Independentes de Caldas de Reis; Serafín Escariz, da Asemblea Nacionalista de Cuntis; Fins Eirexas, ecoloxista e xeólogo de ADEGA; e con Chus Gómez, xornalista do Diario de Pontevedra.

Nesta nova reportaxe contamos con notables novidades técnicas e nela tratamos de enfocar un dos maiores problemas medioambientais da comarca dende todas as ópticas. A construción do encoro da Baxe foi polémica dende o primeiro día, e cada unha das noticias que dá xeran discusión. Neste caso afondamos na problemática da contaminación ata chegar ao saneamento e o estado das depuradoras, que xunto ao tratamento da auga encorada con codia de eucalipto, constitúen os eixos principais do Plan Umia.

planUmia.png

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s