O pasado sábado A Memoria volveu ser a protagonista en Cuntis. Da man do Fervedoiro percorremos as corredoiras da dignidade, lembrando aos asasinados e represaliados polo fascismo español. Cometeron o delito de defender a Democracia, e nós cometemos o atrevemento de honralos e de actualizar o seu compromiso. Velaquí tedes a crónica dunha xornada ben fermosa que rematou coa proxección de A fazaña da liberdade, obra na que Seném Outeiro nos presenta a un dos galegos máis dignos e ilustres do século pasado: Alexandre Bóveda.
Muxicas do Roteiro da Memoria 2013
