A promoción dun aeródromo na parroquia de Godos, en Caldas, está a xerar gran polémica e a ser foco do debate político no Concello. Voces en favor e en contra dunha instalación privada expoñen os seus argumentos para tratar de xustificar a súa posición. Ata o momento, o tema non estivo exento de polémica: nunha localización moi discutible, cunha tramitación burocrática máis ca dubidosa e carente da autorización da Axencia Española de Seguridade Aérea.
Falamos co Sr. Alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, do PSdeG; con Cristina Barros, de Esquerda Unida de Caldas; e con Marcos Pérez, arquitecto e coñecedor de asuntos urbanísticos.
2 Comments