Corrupción, mentiras e herba (artificial)

Presentamos un traballo difícil de atopar. Cuestionamos o que noutros lados non se cuestiona publicamente, porque non temos ataduras nin dependencias que nos marquen liñas roxas. Afondamos na construción masiva de campos de herba artificial pola provincia de Pontevedra da man da Deputación, reflexionamos sobre o papel deste organismo e do seu Presidente e comparamos a oportunidade dos investimentos co momento e a situación social que vivimos.

Falamos con Manuel Campos, do PSdeG de Cuntis; con Eva Villaverde, do BNG de Moraña; e con Arturo García, de Independentes por Moraña. Os tres son concelleiros nos seus respectivos municipios e coñecedores das cuestións que tratamos. Ningún deles ten reparos en manifestarse con claridade e ofrécennos unhas reflexións imprescindibles.

2 Comments

  1. O señor de Manuel Campos, concelleiro de obras en funcións, permitiu que Covsa fora a asfaltar un tramo de camiño veciñal que dá servizo a un so veciño o vernes 20 de maio de 2011, despois de que tras pasar por alí a señora alcaldesa uns días antes pedindo o voto, se lle dixo que non lle ían votar porque non lle habían asfaltado o camiño na campaña dos fondos do PLAN E.
    Así que ainda que sexa certo o que di dos clientelismos, o que máis lle doe é non dipor do chiringuito para si mesmo.
    Decir ademais que a quen lle deu obras como concelleiro agora dalle choio como exconcelleiro, así que en resumo
    PSOE e PP a misma “cousa” é.
    Un saúdo. Bo traballo

    Gústame

  2. No meu concello o delito duplícase; había un campo de terra que reconvertiron en herba artificial. Pero é que ademáis fixeron un campo novo de herba natural (vaia campo, no fútbol profesional hai campos bastante peores). Todo esto para xogar na categoría de preferente (de tres clubes que hai no concello, só o equipo de preferente dun deles usa o campo). O mantemento dese campo sáenos a todos polo ollo dunha cara e a todo esto cunetas sin limpar, farolas apagadas pa aforrar, etc, etc, etc. Fálobos da provincia da coruña (dubra).

    Tamén estaría ben recordar que a diputación de pontevedra patrocinou a volta ciclista a españa, supoño que invertindo moito diñeiro, cando hai clubes amateurs de ciclismo que traballan con moitos rapaces (o deporte de verdade) que teñen que cerrar porque non reciben subvencións nin axudas para subsistir.

    Apretas, noraboa polo traballo.

    Gústame

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s