O lume está a ser o violento protagonista un ano máis do verán galego. A praga dos incendios forestais é unha catástrofe de incalculables dimensións para o País, de múltiples e difusas causas e, sobre todo, un problema case imposible de resolver para o común da cidadanía, que mesturamos certezas con rumores para tratar de atopar unha explicación ao inexplicable.
A semana pasada foi nefasta para os montes da nosa comarca, chegando a rexistrarse lumes en parroquias de Cuntis, Moraña e Caldas. Temos tamén o caso do Monte Xiabre, que leva rexistrados cinco lumes no que vai de verán. Falamos con quen mellor pode atinar na análise e na diagnose: os traballadores profesionais. Falamos con Xosé Arca (en twitter: @arxons), veciño de Cuntis e axente forestal, e con David Iglesias (en twitter: @sondomorrazo), veciño de Marín e brigadista da helitransportada. Nas primeiras palabras da conversa xa confirman que a pista que debemos seguir para atopar as causas é, unha vez máis, a dos cartos: “O monte arde porque dá cartos“. A quen? Por que? e a prevención? e os medios? e a planificación territorial? e os políticos? e os gobernos? e os ruxe-ruxe espiñentos? e a presenza da UME? Desenvolven todas estas cuestións e algunha máis falando moi claro e con precisión. Unha conversa que non ten desperdicio e con claro valor pedagóxico, da que se poden aprender moitas claves e desenganarnos dalgúns mitos.
noraboa polo reportaxe; non obstante penso que hay que ir máis aló en pensar non só nun bo servicio de prevención senón que hay que ordenar o territorio, facer o monte productivo e inclusive obrigar ós propietarios públicos e privados (sobre todo do monte preto das casas) a telo en bo estado.
GústameGústame
Moi ben explicado, e moi bos traballadores os que falan, saben o que din.
GústameGústame
Para empezar o problema e da xente tola que hai por ahi. segundo as comunidades de montes son unha chupantela e na xunta non hai cartos…as casas teñen que faelas donde poden,ou dille ti a teu fillo q compre un piso e non faga a casa na sua leira pouco a pouco…somos uns expertos sempr o sabemos todoo….vaia patochada….
GústameGústame
Mima vaia arghumentos mais maravillosos da o jose perez.
GústameGústame
Si, claro, servico público, fágome “funcionario do monte” e a chupar do frasco. O que hai que facer e regular para que non sexa un negocio queimar o monte.
Dino moi claro ao principio do vídeo, se o lume non da cartos, non se planta o lume, así de sinxelo.
GústameGústame
Quien quema el monte? Qui prodest? A las manos privadas que ya no explotan el bosque no, a los campesinos que ya no lo explotan tampoco, a inmobiliarios? No, ya no es negocio… ¿Beneficia a esos “profesionales!” que se piden que se cree un servicio estable, pagado, de profesionales? Yo diria que estos son los principales beneficiados: quemando el monte se crea trabajo…
Al propietario del blog: ¿podrian usar otra tipografia mas legible, no tan fina? ayudaria… (Saludos desde la ONCE)
GústameGústame