O abandono do rural que padece o noso país maniféstase de moitas e lamentables maneiras. Unha delas é o desleixo das súas infraestruturas, e moi especialmente dos seus viais. Se o outro día recibiamos unha imaxe da parroquia da Fraga, de Campo Lameiro, hoxe envíannos imaxes dun caso semellante na parroquia de Arcos de Furco, en Cuntis.
Esta vía leva sen sinalizar correctamente dende o ano 2006, e dende aquela mantén as liñas amarelas indicativas de obra. As imaxes que seguen falan por si soas e, aínda que pertencen a este treito en concreto, poden representar moitos outros casos nas nosas aldeas.
Quinteiro segue aberto a recibir (quinteirodoumia@gmail.com) máis exemplos deste tipo de abandono e contribuír así, na medida do posible, a impulsar unha voz que reclame atención ao que son as vidas cotiás e as necesidades das xentes do rural