Un ano de Quinteiro

O ‘proxecto Quinteiro‘ cumpre un ano, e conmemorámolo cun revolto dos mellores momentos destes doce meses que van alá. A idea de construír unha plataforma comunicativa comarcal, aberta e independente segue viva, coas mesmas dificultades pero con maiores folgos. Vivimos tempos nos que as augas baixan máis revoltas que nunca e nos que a información é un elemento determinante, unha arma poderosa no guerra da incerteza. Ao longo destes doce meses demostrouse que a presenza dunha cámara e a democratización da información faille moito dano a quen atende dende o despacho da opacidade, e tamén que quedou en evidencia que a transparencia é unha conditio sine qua non para a democracia.

O sitio de Quinteiro na rede conta xa con 44 novas e máis de 8000 visitas. Entrevistas, denuncias veciñais, gravacións de Plenos Municipais, documentos de memoria histórica, reportaxes de datos, etc. En Youtube superamos as 7500 reproducións e o noso Facebook ten máis de 220 seguidores. Curiosamente, a primeira peza publicada segue a ser a que máis visualizacións obtivo. Nestes doce meses, Quinteiro non só estivo nos Plenos contra a vontade dalgún cargo público (feito que adquiriu notable relevancia), senón que tamén ofreceu en varias ocasións os datos comparativos do desemprego na comarca e outras estatísticas, os resultados das eleccións ao Parlamento Galego, denuncias que nos chegaron, a magnífica conversa coa señora Inés de Saiáns, cos impulsores da revista A Taboada, cos afectados pola estafa das preferentes na comarca, na tradición do San Xoán de Castrolandín, ou co Presidente da Comisión de Festas de Cuntis.

Quinteiro proponse afondar na idea, reforzala e ampliala. Precisa colaboracións e achegas, e ofrece relatos de proximidade.

Difundide, espallade.

Para comunicarnos, comunicar nós.

comenta!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s